Crónica TERBUTALINA + OH AYATOLLAH en la Sala Mardi Gras (A Coruña, 25/03/2017)

Redactor: Diego Pose

Fotografía: Lucía Fernández

Que o Sábado se ía armar unha boa festa na Coruña era algo que xa se intuía, e máis cando días atrás se esgotaban todas as entradas dispoñibles para o concerto. O certo é que Terbutalina ten unha chea de seguidores que non ían deixar pasar a ocasión de bailar descontrolados cos temas da banda.

O lugar elixido para dita festa foi a mítica sala Mardi Gras, que arredor das dez e media da noite xa presentaba unha moi boa entrada para presenciar a Oh Ayatollah, os encargados de ir quentando a un público xa de por sí moi quente. O xove quinteto presentan un pop en galego, moi divertido e bailable que transmite moi bo rollo.

Pouco antes da media noite saltan ó escenario os grandes protagonistas da noite, Terbutalina, ataviados coma sempre con gafas de sol e camisas hawaianas. A sala estaba xa ateigada ata os topes de xente que se puxeron a bailar dende o primeiro tema, que por certo era novo. Presentaron un total de catro cancións novas que se van incluír nun novo EP que verá a luz nos próximos meses.

Durante o concerto soaron un total de trinta temas de toda a súa discografía, pero sobre todo do seu anterior disco, “Al Otomano se le va la mano”,  de feito o tocaron íntegro. Non faltaron outros himnos como Compostela, Ben peinados ou Fai Sol. Coñecendo o irreverente humor da banda, tamén se fixo referencia a polémica xurdida arredor do cartel do Entroido da Coruña.

Concerto de Terbutalina na Sala Mardi Gras (6 temas)

Pero o que mellor define o que é vivir un concerto de Terbutalina é ver os cristais da sala empapados, e a xente envolta nunha voráxine de suor, cervexa a baile desenfreado. Isto é, sen dúbida, unha experiencia que da gusto vivir de cando en vez.

O grupo se encontra embarcado nunha xira que durante os meses de Marzo, Abril e Maio vailles levar aos principais puntos de xeografía galega así como ao resto de España, incluíndo o Freakland Festival no que van compartir cartel cos Dictators NY na Sala Tarari de Ponferrada.

 

[Total:0    Promedio:0/5]

También te podría gustar...

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *